O pasado sábado 8 de novembro de 2025, reunímonos no local de CGT Vigo en Navia para participar nunha xornada de militantes. O evento, organizado polo sindicato de Oficios Varios, foi un espazo de encontro entre militantes, onde non só se falou de estratexias e desafíos, senón que tamén houbo tempo para compartir comida, risas e, sobre todo, a necesidade de construír alternativas desde a base.