Ir o contido principal
Inicio
CGT Vigo Oficios Varios

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Iniciar sesión

Acción sindical

La policía portuaria miente para justificar su agresión a Sindicalistas
Agresión policial a sindicalistas de CGT en el Puerto de Vigo

Miga de pan

  1. Inicio

25-N: Xornada de loita contra a violencia machista

Por admin , 2 Decembro 2025
Pancarta da CGT na manifestación do 25-N co texto "non hai paz sen xustiza feminista"

O pasado 25 de novembro, desde o noso sindicato de Oficios Varios de CGT en Vigo, sumámonos á xornada de reivindicacións contra a violencia machista que percorreu as rúas de Vigo contra a estrutura sistémica que perpetúa a opresión das mulleres e das disidencias de xénero. A violencia machista non é só física: é psicolóxica, económica, institucional e cultural.

Image removed.A violencia machista é unha ferramenta do patriarcado para manter o control sobre os corpos e as vidas das mulleres e das persoas LGTBIQ+. Por iso, desde o anarcosindicalismo, entendemos que a loita contra esta violencia debe ser colectiva, autoxestionada e anticapitalista. Non basta con leis que non se cumpren nin con declaracións de intencións: precisamos accións concretas que desmonten as estruturas que sosteñen esta opresión.

Como sindicato, seguiremos impulsando asembleas, talleres de autodefensa e campañas de sensibilización nos nosos espazos de traballo e nos barrios. A loita contra a violencia machista é parte inseparable da loita pola emancipación da clase traballadora.

Non nos conformamos con días de denuncia: queremos un mundo onde a violencia machista sexa imposible.

Non hai paz sen xustiza feminista!

Etiquetas

  • 25N
  • feminismo
  • violencia machista
  • patriarcado
  • Log in to post comments

Comentarios

Próximos eventos

Asamblea ordinaria de decembro
Dec 20
A asamblea ordinaria aberta a toda a afiliación realizarase o 13 de decembro.
Aniversario do nacemento de Isaac Newton
Dec 25
Celebraremos o nacemento de Isaac Newton lanzando mazás á árbore de Nadal da Porta do Sol.
Aniversario da liberación de Auschwitz
Xan 06
Para celebrar o 81 aniversario da entrada das tropas soviéticas en Auschwitz, liberando máis de cinco mil prisioneiros do nazismo, tomaremos a Porta do Sol para liberar trescentos mil vigueses do Nadal.
máis eventos
RSS

Seccións sindicais

Borgwarner
Correos
DIGI
Gestamp
Tecnocontrol
Powered by Drupal